Proceso selectivo: oficial do servizo de emerxencias municipal
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego de oficiais do servizo de emerxencias municipal (subgrupo C2).
O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal que se considere axeitada para o caso de substitucións, ausencias e/ou reforzos.
O BOP núm. 238 do luns 19 de decembro de 2022 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar aqui.
Publicada a relación provisional de presoas admitidas e excluídas (28/12/2022), que se pode consultar aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (11/01/2023), que se pode consultar aqui.
Publicada a corrección de erros do listado definitivo (13/01/2023), que se pode consultar aqui.
Publicadas as puntuacións provisionais (18/01/2023), que se poden consultar aqui.
Publicadas as puntuacións definitivas e proposta de bolsa de emprego (08/02/2023), que se poden consultar aqui.
Requisitos das persoas candidatas
- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público.
- Ter cumpridos os 16 anos.
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto.
- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade.
- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública.
- Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, graduado escolar ou equivalentes.
- Estar en posesión do permiso de conducir tipo C.
- Certificado médico/ informe de saúde no que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos que se especifican na fase de oposición.
Proceso selectivo: Axente de Emprego e Desenvolvemento Local
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego de Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local.
O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal axeitada para cada caso.
O BOP núm. 214 do 11 de novembro de 2022 publica a anuncio e bases da convocatoria, que se poden consultar aqui.
Publicada a relación inicial de persoas admitidas e excluídas (21/11/2022), que pode consultarse aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (29/11/2022), que pode consultarse aqui.
Publicadas as puntuacións provisionais dos exercicios da oposición (05/12/2022), que poden consultarse aqui.
Publicadas as puntuacións definitivas dos exercicios da oposición e proposta de bolsa de emprego (15/12/2022), que poden consultarse aqui.
Prazo e presentación de solicitudes
O prazo de solicitude será de CINCO días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP. (prazo aberto ata o 18 de novembro).
As persoas interesadas en participar neste proceso deben presentar o modelo de solicitude e documentación a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro (aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas) ou da sede electrónica.
Requisitos das persoas aspirantes
- Ter a nacionalidade española ou outra que permita o acceso ao emprego público.
- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa.
- Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo.
- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade.
- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administación pública.
- Estar en posesión do título de estudos universitarios como licenciado, Grao, Diplomado universitario ou equivalente, esixido para o subgrupo A2.