Proceso selectivo: alumnado traballador Programa de formación Xuventude II

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para contratación de 16 alumnos/as traballadores/as para o programa de formación e emprego Talento Mozo denominado "Xuventude II". 

Trátase dun programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas incluídas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

O programa de formación e emprego terá nha durción de 12 meses e desenvolverase na especialidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. 

Tipo de contrato: formación en alternancia para a participación no programa Talento Mozo "Xuventude II". 

Retribucións: salario mínimo interprofesional vixente

Xornada de traballo: completa (40 horas semanais) durante 12 meses en horario de 7.30 a 15.30 horas de luns a venres. 

As bases da convocatoria están dispoñibles AQUI

 

Requisitos das persoas aspirantes 

- Ter a nacionalidade española ou calquera outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo. 

- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública. 

- Non incorrer en causa e incompatibilidade ou incapacidade 

Ademais, deberán cumprir algún dos seguintes requisitos:

- estar en posesión do título da ESO

- contar co certificado de profesionalidade no mesmo nivel

- cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio

- ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos

- ter as competencias clave necesarias

- non ter participado con anterioridade noutro programa ou obradoiro de emprego nos mesmos certificados

|