Proceso selectivo: auxiliares Policía Local 2022
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación de cinco auxiliares de Policía Local na modalidade de persoal laboral temporal por un período de seis meses.
O Boletín Oficial da Provincia núm. 70 do 12 de abril de 2022 publica as bases da convocatoria, que se poden descargar aqui.
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (02/05/2022), que pode consultarse aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (19/05/2022), que pode consultarse aqui.
Publicada a corrección de erros de persoas admitidas e excluídas (24/05/2022), que pode consultarse aqui.
Publicados os resultados das probas (26/08/2022), que poden consultarse aqui.
Publicadas as puntuacións definitivas e convocatoria do sorteo (02/06/2022), que poden consultarse aqui.
Publicado o desempate de puntuacións e proposta de contratación, que poden consultarse aqui.
Forma e presentación de instancias
As solicitudes formalizaranse a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas ou a través da sede electrónica.
Documentación requirida:
- Instancia de solicitude (ANEXO)
- DNI
- Certificado médico nos termos sinalados nas bases
- Certificado de estudos de lingua galega (Celga 3 ou equivalente)
Requisitos das persoas aspirantes
- Estar en posesión do título en educación secundaria obrigatoria (ou equivalente)
- Estatura mínima de 1,65 para os homes e 1,60 para as mulleres
- Certificado médico que faga constar que reúne as condicións físicas e sanitarias para as probas físicas
- Cumprir os requisitos esixibles para o acceso ao sistema público de emprego