Proceso selectivo: peón do servizo municipal de emerxencias
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo de peón especialista do servizo de emerxencias municipal (grupo E/ outras AAPP).
O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal que se considere axeitada para o caso de substitucións, ausencias e/ou reforzos.
O BOP núm. 238 do luns 19 de decembro de 2022 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar aqui.
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (28/12/2022), que se pode consultar aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (11/01/2023), que se pode consultar aqui.
Publicadas as puntuacións provisionais (18/01/2023), que se poden consultar aqui.
Publicadas as puntuacións definitivas e lista de contratación (10/02/2023), que se poden consultar aqui.
Requisitos das persoas candidatas
- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público.
- Ter cumpridos os 16 anos.
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto.
- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade.
- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública.
- Estar en posesión do título ou certificado de escolaridade, estudos primarios ou, como mínimo, 2º ESO ou equivalente.
- Certificado médico/ informe de saúde no que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos que se especifican na fase de oposición.