Proceso selectivo: administrativo/a C1
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de prazas de administrativo do grupo C1.
O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación laboral ou o nomeamento temporal como persoal funcionario.
O BOP núm. 58 de 21 de marzo de 2024 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar AQUI.
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (19/04/2024), que se pode consultar aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (02/05/2024), que se pode consultar aqui.
Publicados os resultados provisionais do primeiro exercicio (20/05/2024), que se pode consultar aqui.
Publicados os resultados definitivos do primeiro exercicio e convocatoria (30/05/2024), que se pode consultar aqui.
Publicados os resultados provisionais do segundo exercicio (17/06/2024), que se poden consultar aqui.
Publicados os resultados provisionais da valoración de méritos (17/06/2024), que se poden consultar aqui.
Publicados os resultados definitivos e proposta de bolsa de emprego (27/06/2024), que se poden consultar aqui.
Publicada a corrección de erros e propostas de bolsa de emprego (28/06/2024), que se pode consultar aqui.
Prazo e presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro nun prazo de dez días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases.
Requisitos das persoas candidatas
As persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos establecidos no Estatuto Básico do Empregado Público:
- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público.
- Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder a de xubilación forzosa por idade.
- Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas para o desempeño das funcións ou tarefas.
- Non ter sido despedido mediante expediente discilplinario do servizo de ningunha administración pública.
- Estar en posesión do título de bacharel ou técnico.