Proceso selectivo: peóns de servizos varios

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de peóns de servizos varios que formarán parte dos servizos de limpeza de praias, limpeza viaria, albanelaría... 

O sistema de acceso será mediante oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal que se considere axeitada. 

O BOP núm. 78 do 22 de abril de 2024 publica as bases da convocatoria que se poden descargar AQUI

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (10/05/2024), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas (22/05/2024), que se pode consultar aqui

Publicada a corrección da listaxe definitiva de admitidos (28/05/2024), que se pode consultar aqui

Publicados os resultados provisionais do primeiro exercicio (29/08/2024), que se pode consultar aqui

Publicados os resultados definitivos do primeiro exercicio (04/06/2024), que se pode consultar aqui

Publicados os resultados provisionais do segundo exercicio e proposta contratación (10/06/2024), que se poden consultar aqui

Publicados os resultados definitivos do segundo exercicio e proposta de bolsa de emprego (13/06/2024), que se pode consultar aqui

 

Prazo e presentación de solicitudes 

O prazo para a presentación de solicitudes é de dez días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria. 

A solicitude debe presentarse no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

 

Requisitos das persoas aspirantes 

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade máxima para a xubilación. 

- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das funcións propias do posto. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade. 

- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario. 

- Estar en posesión do título do certificado de escolaridade, estudos primarios ou, como mínimo, 2º da ESO ou equivalente. 

 

 

|