Proceso selectivo: socorristas acuáticos 2024

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a cconfección dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal de postos de quince socorristas acuáticos en espazos naturais. 

O sistema de acceso será mediante oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e da inserción laboral.

Bases da convocatoria dispoñibles AQUI

 

Prazo de presentación de solicitudes 

Inscrición na oficina de emprego (SEPE). 

 

Requisitos das persoas candidatas 

- Pertencer a calquera dos Estados asinantes do Tratado da Unión Europea e o Acordo sobre o Espazo Económico Europeo.

- Os estranxeiros que non pertenzan a algún dos Estados asinantes deberán ter permiso de traballo cunha duración mínima de 12 meses. 

- Ter cumpridos os 18 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa. 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo. 

- Non estar afectado por causas de incompatibilidade. 

- Non ter sido suspendido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública nin atoparse en inhabilitación absoluta. 

- Estar en posesión de, como mínimo, o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. 

- Estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia. 

- Ser desempregado inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia. 

|