Proceso selectivo estabilización 2/2022. Oficial fontanería (concurso- oposición)
O BOP núm. 238 do luns 19 de decembro de 2022 publica as bases xerais e específicas da convocatoria para a estabilización de emprego temporal da oferta de emprego público extraordinaria 2022 do Concello de Boiro.
As bases específicas que rexerán a convocatoria do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de oficial de fontanería, persoal laboral fixo, poden consultarse aqui.
Denominación: Oficial fontanería
Clasificación: persoal laboral fixo. Subgrupo C2. Xornada completa.
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (20/03/2023) que se pode consutar aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (27/11/2024), que se pode consultar aqui.
Convócannse ás persoas aspirantes admitidas para o XOVES 19/12/2024 ás 09:30 horas na Sala de Xuntas da Casa Consistorial.
Solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do estrato do anuncio no Boletín Oficial do Estado.
O BOE núm. 311 do mércores 28 de decembro de 2022 publica a convocatoria.
Requisitos específicos
Ademais dos establecidos nas bases xerais:
- Posuír a titulación de, como mínimo, Graduado Escolar, Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional de Primeiro Grao ou equivalente.
- Estar en posesión do nivel de CELGA 3 ou equivalente.