Proceso selectivo: técnico forestal (APROL 2025)

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación dun técnico superior en xestión forestal para a realización do servizo de prevención de incendios forestais pertencente ao subgrupo C1.

 O contrato de traballo formalizarase baixo a modalidade contractual laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e da inserción laboral e durante 9 meses.

O sistema de acceso será mediante oposición libre. 

Consulta as bases AQUI

Publicada a relación final de persoas admitidas e excluídas (04/06/2025), que se poden consultar aqui

Publicadas as puntuacións provisionais dos exercicios da oposición, que se poden consultar aqui

Fixase un prazo de alegacións ata o 12/06/2025

 

Funcións do posto 

- Inspección das parcelas incluídas nas franxas de prevención dos núcleos de poboación. 

- Identificación de propietarios que incumpren cos criterios de xestión de biomasa. 

- Elaborar propostas sobre planificación e desenvolvemento de actividades do servizo e previsión de necesidades. 

- Deseño e impulso do programa ou outras actuacións dinamizadoras e a súa difusión. 

- Elaboración de informes específicos, estatísticas... relacionadas co seu servizo. 

- Traballo de campo, xestión administrativa e elaboración de memorias. 

- Atender e informar ao público nas materias da súa competencia. 

- Utilización das aplicacións informáticas correspondentes á súa unidade. 

- Efectuar propostas de mellora aos seus superiores en relación cos seus sistemas e postos de traballo. 

- Manter a reciclaxe continua nos coñecementos e procedementos necsarios para realizar as funcións do posto de maneira eficiente. 

- Calquera outra función de análoga natueza que lle sexan encomendadas polo seu superior xerárquico dentro do ámbito das súas competencias. 

 

Requisitos das persosas candidatas 

- Pertencer a calquera dos Estados asinantes do Tratado da Unión Europea. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa. 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo. 

- Non estar afectado por motivos de incompatibilidade. 

- Acreditar estar en posesión da titulación Técnico Superior en Xestión Forestal ou equivalente. 

- Ser persoa desempregada inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia (SEPE)

- Non ter sido contratada por un período igual ou superior a nove meses con cargo á axudas concedidas no 2024. 

|