Proceso selectivo: peóns servizos varios

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de peóns de servizos varios. 

Os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal para o caso de substitucións, ausencias ou reforzos e o sistema de acces será mediante oposición libre. 

O BOP núm. 96 do 22 de maio de 2025 publica as bases da convocatoria que se poden consultar AQUI

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (06/06/2025), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (16/06/2025), que se pode consultar aqui

Convócase aos aspirantes para o mércores 18 de xuño ás 9.00 horas no salón de actos do IES ESPIÑEIRA de Boiro para a realización do PRIMEIRO exercicio (cuestionario tipo test)e o TERCEIRO exercicio (coñecemento lingua galega) e o xoves 19 de xuño na Casa da Cultura para a realización do segundo exercicio da oposición

 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter a nacionalidde española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder aquela para a xubilación forzosa.

- Posuir a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibiliade ou incapacidade. 

- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Estar en posesión do título ou certificado de escolaridade, estudos primarios ou como mínimo 2º da ESO ou equivalente. 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

As persoas interesadas en formar parte deste proceso deberán presentar as súas instancias (dispoñibles nesta páxina) no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro, acompañadas da documentación acreditativa de cumprir cos requisitos para o posto.

O prazo de presentación de solicitudes será de DEZ DÍAS HÁBILES, a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases. 

 

|