Proceso selectivo: bolsa de emprego oficial de obras e servizos C2

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego de oficial de obras e servizos municipais correspondente ao grupo C2

O sistema de acceso será mediante oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal que se considere axeitada para o caso de substitucións e ausencias ou reforzos. 

O BOP núm. 19 do 29 de xaneiro de 2026 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar AQUI. 

 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa

- Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvovlemento das tarefas do posto 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade 

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario o servizo de ningunha administración pública 

- Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente 

Prazo de presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes será de DEZ DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases e convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 

A instancia de solicitude e toda a documentación requerida deberá presentarse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

|