Proceso selectivo: director/a avogado/a do CIM (funcionario de carreira)

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación dun director/a avogado/a do Centro de Información á Muller (CIM) incluída na Oferta de Emprego Público do ano 2025.

Trátase dunha praza vacante pertencente á escala de Administración Especial, subescala técnica e clase Superior, polo sistema de oposición en quenda libre. 

O BOP núm. 201 do 21 de outubro de 2026 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar AQUI. 

O BOE núm. 269 do 29 de outubro de 2026 publica a convocatoria da praza.

 

Requisitos das persoas aspirantes 

- Estar en posesión da titulación de grao, ou equivalente, en Dereito. 

- Posuír nacionalidade española. 

- Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder a idade de xubilación forzosa 

- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública. 

- Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas necesarias para o desempeño das funcións. 

- Non ter sido condenado por sentenza firme por calquera delito contra a liberdade e indeminidade sexual. 

- Formación en materia de igualdade e experiencia en temas relacionados coa igualdade de oportunidades por razón de xénero. 

- Non atoparse en situación de incompatibilidade. 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

As persoas interesadas en formar parte deste proceso selectivo deberán presentar as súas instancias mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica nun prazo de VINTE DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. 

|