Subvención para o financiamento de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal

O Concello de Boiro recibe da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia unha subvención para o financiamento de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. 

O Concello de Boiro resultou beneficiario da Liña 2 de adquisición de vehículos específicos para facilitar e estender a implantación territorial da recollida separada de bioresiduos destinados a instalacións específicas de tratamento biolóxico. 

 

Subvención do Fondo de Compensación Ambiental 2026

O Concello de Boiro recibe da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia unha subvención do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2026 por importe de 32.000 euros para a adquisición dun vehículo de etiqueta eco para protección do medio ambiente e control ambiental. 

subvencións xunta

 

Subvención para mellora de coleccións e adquisición de novidades editoriais 2026

O Concello de Boiro recibe da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude unha subvención no marco das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia por importe de 2.067,07 euros e 1.084,47 euros para a mellora das coleccións e adquisición de novidades editoriais. 

subvencións xunta

Subvención para o proxecto "Encontros no viveiro. Experiencias BoViño"

O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 8.000 euros para levar a cabo o proxecto "Encontros no viveiro. Experiencias BoViño" no marco da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo, Rede Provincial de Coworking, do Plan de Emprego Local, PEL.

 

deputacion

Subvención para a contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais

O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subveción por importe de 52.000,00 euros no marco do Programa de subvencións á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais dos concellos da provincia da Coruña no ano 2026 (PEL-CONCELLOS/2026). 

deputacion

|