Subvención para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en edificios

O Concello de Boiro recibe da Axencia Instituto Enerxético de Galicia unha subvención por importe de 114.757,59 euros a través do Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Mediante esta subvención o Concello de Boiro vai levar a cabo a instalación dunha bomba de calor aerotérmica na Casa Consistorial, unha actuación que ascende aos 154.138,44 euros.

subvencións inega

|