Subvencións a concellos para o embellecemento do litoral galego | Concello de Boiro
O Concello de Boiro recibe da Axencia Galega de Turismo da Xunta de Galicia unha subvención para realizar actuacións de embelecemento do litoral galego, financiadas pola Unión Europea-NextGenerationUE no marco do Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España.
Actuacións financiadas:
Liña 1. Recuperación dos xardíns do Pazo de Goiáns.
Liña 2. Desenvolvemento de códigos QR en recursos turísticos.
Liña 3. Mellora de camiños existentes no parque da Cachada para favorecer a accesibilidade ao recurso turístico.