Subvención para a adxudicación de equipamentos de emerxencias
O Concello de Boiro recibe da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia un kit de ferramentas eléctricas para a atención ás emerxencias no marco das subvencións para a adxudicación de equipamento de emerxencias, en réxime de concurrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupación de concellos galegos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexisonal, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2021-2027.