Subvención para programas vinculados ao autoconsumo e almacenamento

O Concello de Boiro recibe da Axencia Instituto Enerxético de Galicia unha subvención por importe de 31.500 euros para programa de incentivos 4 e 5 vinculados ao autoconsumo e almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. 

Mediante esta subvención o Concello de Boiro vai levar a cabo o proxecto para a instalación  fotovoltaica de autoconsumo con inxección cero na EDAR municipal.

IDAE

|