Subvención para o financiamento de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal

O Concello de Boiro recibe da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia unha subvención para o financiamento de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. 

O Concello de Boiro resultou beneficiario da Liña 2 de adquisición de vehículos específicos para facilitar e estender a implantación territorial da recollida separada de bioresiduos destinados a instalacións específicas de tratamento biolóxico. 

 

|