San Xoán 2020

Como consecuencia da pandemia e situación de excepcionalidade provocada pola Covid-19, o Concello de Boiro prohibe a celebración das tradicionais fogueiras de San Xoán 2020 en solo público, praias ou espazos de titularidade municipal. 

Si está permitida a realización de cacharelas en terreos particulares, previa comunicación ao Concello de Boiro, e respectando as condicións que se recollen no Plan de transición cara unha nova normalidade dictadas polo Goberno, así como as condicións xerais de todos os anos. 

As comunicacións deben presentarse antes do 19 de xuño de 2020 a través da Sede Electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas. 

Podes descargar nesta páxina o modelo de comunicación e o bando informativo coas condicións xerais e específicas para a realización de cacharelas. 

|