Consumo responsable de auga | Concello de Boiro

O Concello de Boiro informa da necesidade de consumo responsable da auga do abastecemento municipal. 

Primeiro.- Que nalgúns núcleos de poboación estanse sucedendo faltas de presión no abastecemento de Auga consecuencia do nivel de auga que presentan algún dos depósitos municipais en determinados horarios.

Segundo.- Que a Xunta de Galicia ven de manter, o pasado día 06 de xullo, a declaración de “SECA PROLONGADA” en toda a Demarcación Galicia-Costa, ante os baixos caudais que presentan os ríos, que a día de hoxe están un 25% por debaixo do seu nivel medio para esta época do ano.

Terceiro.- Que consultados os servizos técnicos e empregados municipais, estímase que o baixo nivel dos depósitos e a falta de presión débese a un consumo excesivo por parte dalgúns veciños e veciñas derivado de baldeos, rego en xardíns e acometidas non autorizadas. Algunha de estas situacións veñen provocadas polas altas temperaturas que se están a sufrir, e que se espera continúen nos próximos días.

Cuarto.- Que segundo establece o Regulamento xeral do servizo municipal de subministración de auga potable do Concello de Boiro do ano 2013, “as acometidas non autorizadas e os usos da auga non establecidos no contrato ou prohibidos conlevarán a sanción correspondente”

Quinto.- E por isto que rógase e recoméndase un uso responsable da auga municipal, evitando o rego de xardíns ou fincas agrícolas e baldeos coa agua da traída municipal. Así mesmo dende os departamentos municipais levarase a cabo nos próximos días un maior control si cabe da posible existencia de acometidas non autorizadas.

Sexto.- Con estas medidas téntase minimizar os efectos que a falta de auga pode provocar no abastecemento municipal. De persistir esta situación de seca e consumo non se descarta a necesidade do corte da subministración en determinados horarios.

|