Intercambios lingüísticos 2024/2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Ensino, promove unha nova edición do programa de Intercambios Lingüísticos para o curso 2024-2025.

O obxectivo desta iniciativa é facer uns grupos de debate en distintas linguas e así poder compartir o idioma e a cultura dos distintos países en función das persoas participantes. 

A presentación do curso terá lugar o 7 e outubro ás 17.00 horas na Casa da Cultura de Boiro e o grupo reunirase cada semana os luns. 

 

Máis información e inscricións 

Departamento de Ensino 

Casa da Cultura de Boiro 

981 84 84 25 

|