Cursos formativos AFD 2024/2025 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro vai impartir catro Accións Formativas para persoas Desempregadas durante o curso 2024-2025 no marco da concesión dunha subvención da
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para accións formativas do Plan formativo para o emprego.
Vanse desenvolver tres cursos, que se van impartir no Centro de Formación e Viveiro de Empresas que o Concello de Boiro ten no Polígono Industrial de Espiñeira.
Os obxectivos destas accións formativas son mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras e mellorar as competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, as necesidade de adaptación aos cambios nos sectores produtivos e á inserción laboral.
- Operacións Básicas de Cociña - 368 horas (do 20 de xaneiro ao 6 de maio)
- Operacións Básicas de Restaurante e Bar - 308 horas (marzo)
- Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio - 618 horas (marzo)
- Atención socisanitaria a dependentes en institucións - 468 horas (do 7 de xaneiro ao 13 de maio)
Requisitos das persoas aspirantes
- ESO
- competencias clave en nivel 2
- certificado de profesionalidade da mesma familia nivel 1 (hostalería)
Máis información e inscricións
Servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
981 84 26 09