Campamento de Nadal 2024 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro desenvolve unha nova edición do Campamento de Nadal 2024, un servizo dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos escolarizados, co obxectivo de facilitar ás familias un recurso de conciliación con horarios flexibles e axustado ás súas necesidades, á vez que se desenvolve unha alternativa lúdica, formativa e integradoras de ocio e tempo libre.
As actividades a desenvolver estan baseadas en técnicas de intervención participativas e activas nas que se fomenta a creatividade e os valores de respecto e solidariedade con enfoques non sexistas.
Publicado o listado provisional de persoas admitidas e excluídas (26/11/2024), que se pode consultar aqui.
Publicado o listado definitivo de persoas qdmitidas (29/11/2024), que se pode consultar aqui.
O campamento terá lugar nas instalacións do CEIP Santa Baia entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro (agás sábados, domingos e festivos) nos seguintes horarios (a elixir un):
- de 8.00 a 14.00 horas
- de 9.00 a 14.00 horas
Tarifas
60 euros para o horario de 8.00 a 14.00 horas
50 euros para o horario de 9.00 a 14.00 horas
Desconto do 50% para segundo irmán e sucesivos. Desconto do 80% para persoas en exclusión social.
Inscricións
Prazo de inscrición do 12 ao 22 de novembro mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro.
Pago da tarifa para formalizar a matrícula unha vez publicada a lista definitiva de persoas admitidas: do 27 de novembro ao 3 de decembro.
Máis información
Departamento de Educación
Casa da Cultura de Boiro (Parque da Cachada)
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
981 84 84 25