Curso robótica Aula CeMIT | Concello de Boiro
O Concello de Boiro leva a cabo un curso de robótica, drons, gafas de realidade virtual e impresión 3D dirixido a nenos e nenas co obxectivo de fomentar a aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades tecnolóxicas que abarcará as seguintes áreas:
- Introdución ao manexo de drons
- Conceptos básicos de Impresión 3D
- Introdución a realidade Virtual
- Introdución a Robótica
- Uso seguro da internet e ferramentas dixitais
- Xogos e actividades didácticas relacionadas coa informática
Datas: O curso desenvolverase desde o 10/03/2025 ata o 09/06/2025 (Non haberá curso o luns 14 de abril).
Horario: De 17:00 a 19:00 os luns.
Lugar: As clases terán lugar na aula CEMIT no 1º andar do Centro Social de Boiro, situado na rúa Poeta Manuel María s/n - 15930 Boiro
Publicada a relación inicial de persoas admitidas (26/02/2025), que se pode consultar aqui.
Publicada a relación definitiva e persoas admitidas (28/02/2025), que se pode consultar aqui.
Requisitos
Idade: Ter nado entre o 2010 e 2016
Interese na informática: Os participantes deberán mostrar interese no uso de ferramentas tecnolóxicas e programación básica
Autorización de pais ou titores: A inscrición debe contar co consentimento e firma dos pais ou titores legais
Bases íntegras dispoñibles AQUI.
Insricións
A inscrición deberá realizarse a través das seguintes modalidades:
Presencial: Nas oficinas do Rexistro do Concello, sito na Praza Galicia S/N 15930, Boiro, A Coruña.
En liña: A través da páxina web do Concello mediante instancia xeral na sede electrónica. Será necesario adxuntar a inscrición mediante a sede electrónica xunto cos documentos requiridos.
Máis información
Aula CeMIT do Concello de Boiro
981 84 26 35 ou 629 769 139
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.