Campamento Concilia de Verán 2025 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro abre o prazo para a preinscrición no campamento de conciliación para o verán 2025 a partir do luns 5 de maio.
Bases e máis información sobre o campamento, dispoñibles aqui.
Lugar de realización, calendario e horario
As actividades desenvolveranse no CEIP Santa Baia de Boiro, CEIP Abanqueiro, Centro Social de Cabo de Cruz e CEIP Cespón (a escoller un).
Os programas desenvolveranse entre o 1 de xullo e o 29 de agosto, agás sábados, domingos e festivos.
O horario será de 8.00 a 14.00 horas; ou de 10.00 a 14.00 horas (a escoller un).
Prezos
150 euros/mes para horario de 8.00 a 14.00 horas
110 euros/mes para horario de 10.00 a 14.00 horas
Inscrición e pago das taxas
O prazo de inscrición estará aberto entre o 5 e o 19 de maio.
As inscricións deberán facerse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica. Formularios dispoñibles para a súa descarga nesta páxina.
O pago das taxas de inscrición deberá efectuarse a partir da publicación do listado definitivo de admitidos.