Pleno ordinario do 18 de decembro de 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 18 o Pleno ordinario correspondente ao mes de decembro. A sesión terá lugar ás 20.00 horas e poderase seguir en directo a través da canle municipal de YouTube.

Orde do día da sesión:

  1. Aprobación da acta da sesión plenaria do 27 de novembro de 2025
  2. Bonificación do imposto sobre construcións para a execución das obras destinadas á rehabilitación integral do CEIP Praia Xardín.
  3. Convenio interadministrativo de cooperación entre o Concello de Boiro e a Deputación da Coruña co obxecto de habilitar a posibilidade de encomendar a xestión material da selección do seu persoal funcionario interino para postos de arquitecto/a e arquitecto/a técnico/a a esta Deputación.
  4. Moción do grupo municipal Boiro Novo/mixto para regular o servizo de cobro da factura do subministro do abastecemento de auga.
|