Cursos formativos AFD 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro leva a cabo, durante o primeiro semestre do ano 2026, accións formativas dirixidas a mellorar a cualificación de persoas desempregadas no período 2025-2026

Vanse desenvolver dous cursos, que se van impartir no Centro de Formación e Viveiro de Empresas que o Concello de Boiro ten no Polígono Industrial de Espiñeira. 

Os obxectivos destas accións formativas son mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras e mellorar as competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, as necesidade de adaptación aos cambios nos sectores produtivos e á inserción laboral.

  • Operacións Básicas de Cociña

Nivel profesional: Nivel 1 (Formación inicial básica)

Horario: de 9.00 a 14.00 horas

Duración: 09/03/2026 – 07/07/2026

Lugar: presencial. Centro de formación e viveiro de empresas, polígono industrial de Espiñeira, Boiro

  • Operacións Básicas de Restaurante e Bar

Nivel profesional: Nivel 1 (Formación inicial básica)

Horario: de 15.00 a 20.00 horas

Duración: 09/03/2026 – 21/06/2026

Lugar: presencial. Centro de formación e viveiro de empresas, polígono industrial de Espiñeira, Boiro

 

Requisitos das persoas aspirantes 

- Estar inscrito/a como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. 

 

Máis información e inscricións 

Servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

981 84 26 09

|