Pleno ordinario do 22 de outubro de 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 22 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de outubro. A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube. 

Orde do día da sesión: 

1.      Aprobación da acta da sesión plenaria ordinaria do 17 de setembro de 2026.

2.      Modificación de créditos. Transferencia de crédito 16/2026-TC

3.      POS+ adicional 4/2026

4.      Aprobación do 2º informe do PACES

5.      Moción do grupo municipal Boiro Novo/Mixto para evitar a especulación coa vivenda, aumentar a oferta de vivenda protexida e o alugueiro social.

6.      Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación co canon da auga.

 

|