Aula Mentor | Concello de Boiro

O Concello de Boiro pon en marcha a Aula Mentor no Centro Social de Boiro, unha iniciativa de formación aberta, flexible e a distancia que permite á cidadanía ampliar os seus coñecementos, adquirir novas competencias e avanzar no seu desenvolvemento persoal.

A Aula Mentor é un programa de formación aberta e flexible do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes en colaboración con outras institucións que ten como obxectivo ofrecer formación a distancia para mellorar a cualificación das persoas adultas e promover o desenvolvemento das súas competencias persoais e profesionais.

Esta proposta ofrece un amplo catálogo de cursos organizados en diferentes áreas formativas e itinerarios que permite acreditar estándares de competencia. Trátase de cursos que non esixen requisitos previos de matriculación e que esta sexa flexible durante todo o ano.

Os cursos teñen unha duración estimada de dous meses e as persoas participantes contan cunha plataforma virtual con acceso aos materiais de estudo, actividades e recursos adicionais; ademais de apoio e titorías individualizadas.

Mais información 

Centro Social de Boiro 

https://aulamentor.es/ 

|