Boiro en familia novembro | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, no marco do Proxecto EnClave 2026/2027, desenvolve un programa destinado a familias e docentes nomeado Boiro en familia.

Trátase dun espazo de información, orientación, formación e acompañamento familiar e charlas formativas para familias, alumnado e docentes con persoal especializado.

Normativa e perigos no ocio nocturno
Luns 9 de novembro, 18.30h - Pazo de Goiáns 
Impartida por Martín Camba, axente da Policía Local en Santiago de Compostela.

Pantallas, móbiles e redes: claves prácticas para familias de nenos, nenas e adolescentes
Venres 27 de novembro, 18.30h - Pazo de Goiáns
Impartida por Alberto Soler, psicólogo xeral sanitario, escritor e divulgador

 

Inscricións na ligazón web ou no 981 84 84 25

|