Pleno ordinario do 30 de novembro de 2026 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro celebra o luns día 30 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de novembro de 2026.
A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro.
Orde do día da sesión:
1. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 22 de outubro de 2026.
2. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 2 de novembro de 2026.
3. Solicitude de bonificación do ICIO – Fundación Amicos.
4. Conta Xeral 2025
5. Moción do grupo municipal de Boiro Novo/mixto para o arranxo das humidades, danos e outras carencias do Centro Social de Abanqueiro.
6. Moción para instar á Xunta de Galicia a restablecer as rutas, paradas e frecuencias do transporte público por autobús no Barbanza.
7. Moción en defensa da sanidade pública presentada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública na Barbanza.
