Programa Integrado de Emprego do concello de Boiro, Rianxo e A Pobra do Caramiñal 2026/27
Os concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra do Caramiñal comezan unha nova edición do Programa Integrado de Emprego para o curso 2026/2027. Trátase dunha iniciativa formativa destinada a cen persoas desempregadas da comarca que busca aumentar a empregabilidade da zona.
Este programa formativo está baseado nunha metodoloxía innovadora onde as persoas usuarias son protagonistas da súa propia transición profesional con formación novidosa, emprego de tecnoloxías e plataformas dixitais, colaboración directa con empresas e adaptación do programa a necesidades locais e sectores da comarca.
O programa terá unha duración de 12 meses e nel poderán participar 100 persoas desempregadas da comarca que estean inscritas como demandantes de emprego.
A formación contará con prácticas en empresa e, para facilitar a participación na formación, contarase cunha bolsa de asistencia de 10 euros por día, ademais de medidas de conciliación tales como a derivación aos recursos municipais de conciliación, flexibilización e adaptación horaria, formación en modalidade flexible e sala de lactación e maternidade.
Este programa está destinado a persoas desempregadas con discapacidade, en risco de exclusión social beneficiarias de Risga, vítimas de violencia de xénero, migrantes, maiores de 52 anos, menores de 30 anos, beneficiarias da renda de inclusión social, perceptoras de prestacións por desemprego ou renda activa, desempregadas a consecuencia dun expediente de regularización de emprego, mulleres ou persoas desempregadas de longa duración e ten un obxectivo de inserción do 42% das persoas participantes.
O Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro, Rianxo e A Pobra 2026/27 está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, con fondos finalistas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).
Oferta formativa
· Peixería: preparación de peixes
· Adecco conserva formación mar aberto
· Charcutería
· Tenda virtual prestashop
· Condución de carretilla elevadora
· Sistemas e procesos loxísticos
· Project Management
· Competencias dixitais básicas
· Técnicas de atención ao cliente de resolución de conflictos
· Operacións básicas de caixa
· Carnicería e despece
· Seguridade alimentaria, manipulación e control de alimentos
· Técnicas básicas de primeiros auxilios
· Aplicación de fundamentos básicos en cociña
· Saúde, nutrición e dietética
· Técnicas e procedementos de limpeza en aloxamentos
· Monitor de tempo libre
Máis información
Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
659 247 963 / 650 042 409
