Festival audiovisual escolar Olloboi 2022

O Concello de Boiro colabora cunha nova edición de Olloboi, o festival audiovisual escolar que se celebra en Boiro e que neste 2022 chega á súa edición número 12. 

O festival terá lugar o día 10 de xuño cunha edición que busca recuperar o espítiru da creación, propoñendo o cambio das máscaras da pandemia ás do xogo e ilusión do cine. 

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

10.30 – 11.00h: recepción dos centros e presentación na Abadía de San Enrique)

12.00 – 14.30h: muchachada polas parroquias de Boiro

15.00h: concerto con Blues do país e xantar na praia de Barraña

16.30h: tempo libre

18.00 – 20.00h: show Peter Punk na explanada do Parque da Cachada e cineforum con Eloy Domínguez na Casa da Cultura

20.30 – 23.00h: entrega de premios, foliada e cea na Abadía de San Enrique

1.00h: concerto de fin de festa con Los Jinetes del Trópico na Pousada

 

PREMIOS OLLOBOI

  • Interpretación
  • Videoclip
  • Imaxe
  • Guión
  • Animación
  • #OlloboiRedes
  • Videocreación
  • Premios especiais: Ollo escolas, Plus 18, peque, muchachada, zamburrioi
|