Exposición FalaRedes | "Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir"
O Concello de Boiro inaugura unha exposición sobre a riqueza do galego no marco do programa FalaRedes da Xunta de Galicia. "Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir" é o título da exposición que estará situada no mes de maio na rúa peonil de Boiro.
A iniciativa desenvólvese nos concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüistica e en Boiro estará dende o 6 ata o 12 de maio. A mostra está composta por nove paneis que recollen as diversas peculiaridades do galego co fin de poñer en valor a súa riqueza e convidar á cidadanía a falalo.
VISITAS GUIADAS:
Martes. De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Mércores. De 10:00 a 14:00 horas.
Xoves. De 16:00 a 20:00 horas.
Venres. De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Sábado. De 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
Para as visitas guiadas é necesaria inscrición previa na Casa da Cultura de Boiro ou no teléfono 981 84 84 25.