Sesión plenaria organizativa do 27 de xullo de 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves 27 de xullo ás 20.00 horas a sesión organizativa para o próximo mandato.

O Pleno poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro AQUI.

Orde do día da sesión:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Periodicidade das sesións plenarias ordinarias.
  3. Creación e composición das comisións informativas permanentes.
  4. Nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados que sexan competencia plenaria.
  5. Indemnizacións a concelleiros e grupos políticos.
  6. Determinación do número, características e retribucións do persoal eventual.
  7. Determinación dos cargos e retribucións por dedicacións exclusivas e a tempo parcial.
|