Campamento concilia Semana Santa 2026 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro organiza os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril un obradoiro de conciliación para rapazada de entre 3 e 12 anos co obxectivo de facilitar ás familias un recurso de conciliación con horarios flexibles axustado ás súas necesidades; así como ofrecer unha alternativa lúdica, formativa e integradora de ocio e tempo libre para a rapazada participante.
O desenvolvemento das actividades deste campamento estará baseado en técnicas de intervención participativas e activas, mediante as que se fomente a creatividade e os valores de respecto e solidariedade con enfoques non sexistas, planificadas segundo as idades e as necesidades socio-educativas dos participantes.
Datas: 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril
Horario: de 9.00 a 14.00 horas ou de 10.00 a 14.00 horas
Lugar: CEIP Santa Baia
Consulta as bases AQUI.
Publicada a relación de persoas admitidas, que se pode consultar aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas, que se pode consultar aqui.
Tarifas
15 euros
Desconto do 50% para segundo irmán e sucesivos. Desconto do 80% para persoas en exclusión social.
Inscricións
Prazo de preinscrición do 16 ao 20 de marzo mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro.
Pago da tarifa para formalizar a matrícula unha vez publicada a lista definitiva de persoas admitidas.
Máis información
Departamento de Educación
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
981 84 84 25
