Pleno ordinario do 23 de novembro de 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 23 ás 20.00 horas a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de novembro.

O Pleno poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro.

Orde do día da sesión:

  1. Aprobación inicial, se procede, do ditame dobre o Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Concello de Boiro.
  2. Aprobación inicial, se procede, do ditame sobre a modificación da Ordenanza Fiscal núm. 12 reguladora da Taxa polo servizo de cemiterios.
  3. Aprobación inicial, se procede, do ditame sobre a modificación do regulamento do funcionamento do servizo de axudas técnicas.
  4. Aprobación inicial, se procede, do ditame sobre a ordenanza municipal reguladora do estacionamento e pernoita de autocaravanas, vehículos camper e caravanas no concello de Boiro.
  5. Aprobación, se procede, do ditame de aprobación da encomenda de xestión á Mancomunidade de Concellos Ría de Arousa Zona Norte para a realización das accións e tramitacións das licitacións recollidas na solicitude da axuda tramitada co expediente TUR.CAMINO2022-011.
  6. Moción do grupo municipal do BNG en relación coa celebración do día 25 de novembro.
  7. Moción do grupo municipal do BNG de apoio ás reivindicacións laborais dos bombeiros dos parques de Boiro e Ribeira.
|