Proceso selectivo: fontaneiros
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha lista para a contratación laboral temporal de fontaneiros.
O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación.
As bases da convocatoria publicaronse no BOP nº 162 do xoves 26 de agosto de 2021.
Publicada a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as (15/09/2021), que pode consultase aqui.
Publicada a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as (01/10/2021), que pode consultarse aqui.
Publicados os resultados do primeiro exercicio (13/10/2021), que poden consultarse aqui.
Publicados os resultados provisionais do segundo e terceiro exercicio (19/10/2021), que poden consultarse aqui.
Publicados os resultados definitivos e data do sorteo de desempate (25/10/2021), que poden consultarse aqui.
Publicados os resultados definitivos e proposta de contratación (28/10/2021), que poden consultarse aqui.
Presentación de solicitudes
As persoas que desexen tomar parte nesta selección deberán presentar as súas instancias co modelo de ANEXO que se pode descargar nesta páxina, a través do Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro.
O prazo para a presentación de solicitudes é de DEZ días hábiles a contar dende o dia seguinte ao da publicación do anuncio no BOP.
Requisitos das persoas candidatas
- Ter a nacionalidade española ou outra que permita o acceso ao emprego público.
- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade.
- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública.
- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
- Posuír as capacidades e aptitudes físicas para o desempeño das funcións.
- Posuír a formación de, como mínimo, Graduado Escolar, Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional de primeiro grao ou equivalente.
- Estar en posesión do permiso de conducir clase B.