Proceso selectivo: administrativo/a Grupo C1

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego para a cobertura temporal de prazas de administrativo/a do Grupo C1. 

Os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación. 

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre. 

Publicación das bases no BOP nº141 do 28 de xullo de 2021

Publicada a relación provisional de admitidos/as e excluidos/as (13/08/2021), que pode consultarse aqui

Corrección de erros na relación provisional de admitidos/as e excluidos/as (18/08/2021), que pode consultarse aqui

Corrección de erros na relación provisional de admitidos/as e excluidos/as (20/08/2021), que pode consultarse aqui

Publicada a relación definitiva de admitidos/as e exluidos/as (23/08/2021), que pode consultarse aqui

Publicados os resultados provisionais do primeiro exercicio (30/08/2021), que poden consultarse aqui

Publicada a resolución de alegacións do primeiro exercicio (03/09/2021), que poden consultarse aqui

Publicados os resultados provisionais do suposto práctico (14/09/2021), que poden consultarse aqui

Publicadas as alegacións ao suposto práctico (20/09/2021), que poden consultarse aqui

Publicados os resultados das probas de lingua galega e resolución de alegacións (24-09-2021), que poden consultarse aqui

 

 

Presentación de solicitudes

As persoas interesadas deben entregar a instancia dispoñible nesta páxina xunto coa documentación requirida no rexistro xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica. 

Prazo de presentación de instancias ata o 11/08/2021

 

Requisitos dos candidatos

- Ter a nacionalidade española

- Ser nacional dalgún dos estados membros da unión europea

- Ser nacional dalgún dos Estados que lles sexa aplicable a libre circulación de traballadores/as

- Ter feitos os 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa

- Estar en posesión do título de bacharel ou técnico

- Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións e tarefas. 

- Non ter sido separado/a mediane expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública. 

 

|