Proceso selectivo: persoal de axuda no fogar

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego para a cobertura temporal de postos de auxiliar de axuda no fogar. 

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual temporal correspndente segundo se necesite no momento de realizar a contratación laboral ou nomeamento temporal coma persoal funcionario. 

O BOP nº 27 do 9 de febreiro de 2022 publica o anuncio da convocatoria e as bases. 

Publicada a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as (24/02/2022), que pode consultarse aqui

Publicada a relación definitiva de admitidos/as e convocatoria das probas (08/03/2021), que pode consultarse aqui

Publicados os resultados provisionais do primeiro e segundo exercicio (11/03/2022), que poden consultarse aqui

Publicadas as puntuacións definitivas do primeiro e segundo exercicio e proposta de bolsa de emprego (21/03/2022), que poden consultarse aqui

 

Presentación de solitudes

As persoas que desexen tomar parte neste proceso deben entregar a instancia que se incluen nas bases como ANEXO II (e que se pode descargar nesta páxina), xunto coa documentación esixida no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica. 

 

Requisitos das persoas candidatas

- Titulación: estar en posesión dalgún dos seguintes títulos ou equivalentes: 

  • Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería, equivalente ou superior. 
  • Técnico/a en atención a persoas en situación de dependencia.
  • Técnico/a de atención sociosanitaria. 
  • Técnico Superor en Integración Social
  • Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio 
  • Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou equivalente. 

- Estar en posesión de permiso de condución 

- Dispoñer de medio de transporte 

- Requisitos establecidos no Estatuto Básico do Empregado Público 

 

 

|