Proceso selectivo: persoal de museos
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego temporal de persoal técnico para a atención de museos e centros museísticos.
O sistema de acceso será mediante concurso- oposición libre e os contatos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contactual temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación.
O Boletín Oficial da Provincia núm. 115 do venres 17 de xuño de 2022 publica as bases da convocatoria.
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (12/07/2022), que pode consultarse aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (16/07/2022), que pode consultarse aqui.
Publicados os resultados provisionais das probas (22/07/2022), que poden consultarse aqui.
Publicados os resultados definitivos das probas e proposta de contratación (04/08/2022), que poden consultase aqui.
Publicada a proposta de contratación (11/08/2022), que pode consultarse aqui.
Presentación de solicitudes
As persoas interesadas en formar parte deste proceso deben presentar a documentación no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica.
O prazo para a presentación de solicitudes é de CINCO DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación no BOP.
Requisitos das persoas candidatas
- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público.
- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder aquela de xubilación forzosa por idade.
- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo.
- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade.
- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administación pública.
- Estar en posesión dunha das seguintes titulacións universitarias ou equivalente: Grao, Licenciatura, Diplomatura, master ou posgrao relacionado coa campos da xestión cultural, patrimonio cultural, de museos ou turística.