Proceso selectivo: arquitecto/a (funcionario/a de carreira)

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a (funcionario/a de carreira) pertencente á escala de administación especial da subescala técnica superior do subgrupo A1. 

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre correspondente á Oferta de Emprego Público do Concello de Boiro do ano 2019.

O Boletín Oficial da Provincia núm. 237 do 16 de decembro de 2022 publica as bases da convocatoria. 

O BOE núm. 311 do mércores 28 de decembro de 2022 publica a convocatoria. 

O DOG núm. 8 do xoves 12 de xaneiro de 2023 publica o anuncio da convocatoria. 

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, que se pode consultar aqui

O BOP núm. 227 do 28 de novembro de 2023 publica a modificación da data do exame (27/11/2023), consulta o anuncio completo aqui

Publicados os resultados provisionais da primeira proba (13/12/2023), que se poden consultar aqui

Publicados os resultados da segunda proba (14/02/2024), que se poden consultar aqui

Publicados os resultados da valoración da documentación (01/03/2024), que se poden consultar aqui

Publicados os resultados definitivos e proposta de adxudicación (05/04/2024), que se poden consultar aqui.

Publicada a proposta de nomeamento (24/04/2024), que se pode consultar aqui

 

Presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitude será de 20 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE). 

A presentación de solicitudes debe facerse a través do Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

 

Requisitos das persoas aspirantes

- Estar en posesión da titulación habilitante para o desenrolo da profesión de arquitecto/a

- Posuír a nacionalidade española

- Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa. 

- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Posuír capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para ao desempeño das funcións ou tarefas. 

 

 

 

|