Selección 20 alumnos/as traballadores - Obradoiro de Emprego medioambiental Torre Goiáns III

O Concello de Boiro realiza un proceso selectivo para a selección de 20 alumnos/as traballadores/as para o Obradoiro de Emprego medioambiental Torre Goiáns III - Boiro. 

O contrato de traballo formalizarase para a formación en alternancia para a participación das persoas seleccionadas coas retribucións correspondentes ao salario mínimo interprofesional vixente en cada momento e a parte proporcional das pagas extraordinarias. 

A duración do proxecto será de 12 meses e o horario de luns a venres de 7.30 a 15.30 horas. 

Consulta as bases do proceso AQUI

 

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (02/11/2023), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (07/11/2023), que se pode consultar aqui

Publicadas as puntuacións provisionais do proceso selectivo (13/11/2023), que se pode consultar aqui

Publicadas as puntuacións definitivas e proposta de contratación (16/11/2023), que se poden consultar aqui.

 

 

 

Prazas convocadas

Convócanse un total de 20 prazas divididas en dúas modalidades: 

- Especialidade de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (10 prazas) 

- Especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas (10 prazas) 

 

Requisitos das persoas aspirantes 

- Ter a nacionalidad española ou doutros estados membros da Unión Europea. 

- Non padecer enfermidade ou defécto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo. 

- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública. 

- Non incorrer en causa de incompatibilidade ou incapacidade. 

- Cumprir algún dos seguintes requisitos: 

· Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. 

· Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo. 

· Estar en posesión dun certificado de profesionalidade nivel 1 da mesma familia e área profesional. 

· Cumprir co requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio. 

· Ter superada a proba de acceso á universidade. 

· Ter as competencias clave necesarias para cursar a formación. 

· Non ter participdo con anterioridade noutro programa ou obradoiro de emprego nos mesmos certificados de profesionalidade. 

 

Procedemento de selección 

Para participar deste proceso selectivo as persoas interesadas deben instribirse na Oficina de Emprego e seleccionar a modalidade 'taller de emprego'. 

- Sistema de selección: oferta tipo T (taller de emprego). 

- Localidade: ámbito do Concello de Boiro. 

- Idade: 18 anos ou máis. 

- Situación laboral: persoas desempregadas

|