Proceso selectivo: peón de servizos varios (integración laboral)

O BOP núm. 40 do 26 de febreiro de 2024 publica as bases da convocatoria para a confección dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de peóns de servizos varios (programas de integración laboral). 

A contratación vaise levar a cabo mediante unha subvención da Deputación da Coruña para a axuda á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais dos concellos da provincia (PEL- Concellos 2024). 

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e a contratación será de laboral temporal. Consulta as bases AQUI

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (12/03/2024), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (20/03/2024), que se pode consultar aqui

Publicadas as puntuacións provisionais (05/04/2024), que se poden consultar aqui

Publicada a corrección da acta (08/04/2024), que se pode consultar aqui

Publicadas as puntuacións definitivas e proposta de contratación (13/04/2024), que se poden consultar aqui

 

Prazo e presentación de solicitudes 

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro nun prazo de dez días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases. 

 

Requisitos das persoas aspirantes 

- Ter a nacionaliade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder a de xubilación forzosa por idade. 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade. 

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ninguha administración pública. 

- Estar en posesión de, como mínimo, 2º da ESO ou equivalente. 

- Estar en situación de desemprego. 

 

|