Proceso selectivo: bolsa de emprego arquitectos/as técnicos (funcionarios interinos) | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego para o nomeamento de arquitectos/as técnicos/as (funcionario interino).

O BOP núm. 197 do 11 de outubro de 2024 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar AQUI

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (06/11/2024), que se pode consultar aqui.

Prazo de alegacións de CINCO DÍAS HÁBILES. 

 

Requisitos das persoas aspirantes

- Estar en posesión do título de arquitecto técnico, grao universitario de arquitecto técnico ou titulación equivalente segundo a normativa estaral vixente. 

- Non ser separado mediane expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Ter cumpridos os 16 anos. 

- Estar en posesión das capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarios para o desenvolvemento das funcións ou tarefas. 

- Estar en posesión do CELGA 4

- Estar en posesión do permiso de conducir clase B

 

Prazo e presentación de solicitudes 

A solicitude para participar deste proceso selectivo debe presentarse no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro nun prazo de DEZ DÍAS HÁBILES a contar dende o 14/10/2024. 

 

|