APRAZADO | Pleno Ordinario do 19 de novembro do Concello de Boiro

Sesión Plenaria APRAZADA

O Concello de Boiro celebra o xoves 19/11/2020 o Pleno Ordinario correspondente ao mes de novembro. A sesión vaise realizar no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro ás 20:00 horas. 

Para garantir que se cumpran as limitacións e medidas de prevención específicas dictadas polas autoridades sanitarias para o control da situación epidemiolóxica, non se vai permitir a asistencia de público. A sesión poderá seguirse en directo vía streaming a través da canle de YouTube do Concello de Boiro. 

A orde do día da sesión é a seguinte:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior celebrada o 08/10/202
  2. Aprobación conta xeral 2019
  3. Convenio de colaboración entre o Concello de Boiro e o Concello de Ribeira para a recollida de animais abandonados e outras cuestións que redunden en protección e defensa dos animais de compañía.
  4. Moción presentada polas plataformas comarcais de emigrantes retornados de Arousa norte e de Muros-Noia sobre a tributación das pensións dos emigrantes retornados.
  5. Moción presentada polo grupo municipal de IC Boiro/ Mixto sobre o estado das ruínas das instalacións da empresa Boiromar no Chazo.
  6. Moción presentada polo grupo municipal de IC Boiro/ Mixto relativa á reclamación a Repsol de débeda pola ocupación de terreos de cos depósitos de gas no parque empresarial.
  7. Moción presentada polo grupo municipal de IC Boiro/ Mixto sobre baños públicos do Mercado Municipal e melloras no dito mercado.
  8. Moción presentada polo grupo municipal de IC Boiro/ Mixto relativa á apertura durante todo o ano dos baños do paseo marítimo de Barraña.
  9. Moción presentada polo grupo municipal do PP para instar ao Goberno a que ingrese as contías do IVE non liquidadas de 2017 como consecuencia da implantación do Suministro Inmediato de Información (SII)
  10. Moción do grupo municipal do PP con motivo da celebración o 25 de novembro do Dia Internacional da eliminación da Violencia Contra a Muller.
  11. Moción do grupo municipal do BNG relativa á celebración o 25 de novembro do Dia Internacional da eliminación da Violencia Contra a Muller.
  12. Moción do grupo municipal de IC Boiro/ Mixto relativa á necesidade de pintar o edificio da Casa da Cultura.
  13. Moción do grupo municipal de IC Boiro/ Mixto para que se soliciten subvencións para obras ao goberno central con cargo ao 1'5% destinado á conservación do patrimonio.
  14. Moción do grupo municipal de IC Boiro/ Mixto para a devolución de recargos cobrados a contribuíntes causados por cambios de código de bancos
  15. Moción do grupo municipal do BNG sobre a reactivación da asistencia sanitaria.
  16. Moción do grupo municipal de Boiro Novo/ Mixto para a constitución de dunha mesa local de coordinación interinstitucional fronte á violencia machista.
  17. Moción do grupo municipal de Boiro Novo/ Mixto en relación ao cumprimento das obras pendentes en Sandrenzo e Fontecoba.
  18. Moción presentada polo grupo de Boiro Novo/ Mixto para prover de axudas a deportistas boirenses vencellados ao mundo do motor
  19. Moción do grupo municipal do PSdG-PSOE relativa á sanidade
  20. Moción do grupo municipal do PSdG-PSOE pedindo ao goberno galego a reversión da titularidade dos terreos portuarios aos Concellos, cando o seu uso para fins relacionados co porto sexa residual ou inexistente.
  21. Moción do grupo municipal do PSdG-PSOE con motivo da celebración o 25 de novembro do Dia Internacional da eliminación da Violencia Contra a Muller.
  22. Moción da plataforma en defensa da sanidade publica do Barbanza.

 

|