Pleno Ordinario do 11 de marzo de 2021 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves 11 de marzo, ás 20.00 horas, o Pleno Ordinario da coorporación. Debido á situación sanitaria, a sesión vaise celebrar de xeito telemático e vaise retransmitir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro. 

A orde do día da sesión: 

  1. Toma de coñecemento da renuncia do concelleiro D. Manuel Velo Velo.
  2. Toma de posesión do concelleiro D. Raúl Romero Treus.
  3. Declaración de especial interese e utilidade municipal de obras de construción dunha nave industrial no polígono industrial de Espiñeira e bonificación do ICIO.
  4. Moción de Boiro Novo/ Mixto para a constitución dunha mesa local de coordinación interinstitucional fronte á violencia machista.
  5. Moción de Boiro Novo/ Mixto en relación co cumprimento das obras pendentes en Sandrenzo e Fontecoba.
  6. Moción de Boiro Novo/ Mixto para prover de axudas a deportistas boirenses vencellados ao mundo do motor.
  7. Moción do PSdG-PSOE relativa á sanidade.
  8. Moción do PSdG-PSOE pedindo ao goberno galego a reversión da titularidade dos terreos portuarios aos Concellos, cando o seu uso para fins relacionados co porto sexa residual ou inexistente.
  9. Moción da plataforma en defensa da sanidade pública do Barbanza.
  10. Moción do PP para a adopción de medidas económicas e sociais en defensa dos autónomos e PEMES afectados polas restricións impostas pola crise sanitaria da Covid-19.
  11. Moción do BNG sobre a lingua galega.
  12. Moción do PP para a creación dun Fondo de Cooperación Galego Covid-19.
  13. Moción do PP relativa á autonomía financeira de Galicia.
  14. Moción do BNG sobre a transferencia da AP-9 a Galicia.
  15. Moción do BNG sobre as mobilizacións feministas do 8 de marzo.
  16. Moción do PSdG-PSOE sobre o Plan de Rescate para os sectores da hostalaría e o turismo.
  17. Moción do PSdG-PSOE sobre o Día Internacional das Mulleres.
  18. Moción do PSdG-PSOE sobre a política do goberno galego en relación co seu financiamento ós Concellos do servizo de axuda no fogar.

 

|