Pleno Ordinario do 24 de xuño de 2021 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro convoca celebra este xoves 24 de xuño, ás 20.00 horas, o Pleno Ordinario correspondente ao mes de xuño.
A sesión vaise celebrar no Salón de Plenos do Concello de Boiro e vaise retransmitir en directo vís streaming a través da canle de YouTube.
Orde do día da sesión:
- Aprobación da acta da sesión ordinaria do 13/05/2021.
- Aprobación inicial do expediente de modificación de créditos 22/2021 de créditos extraordinarios e suplementos de crédito.
- Aprobación inicial dos orzamentos de 2021.
- Solicitude da Asociación AMICOS de bonificación do ICIO para a obra de execución de entreplanta no Centro de Formación Prelaboral nas instalacións situadas no lugar de Comoxo.
- Moción presentada polas plataformas comarcais de emigrantes retornados de Arousa norte e de Muros-Noia sobre a tributación das pensións dos emigrantes retornados.
- Moción do grupo municipal do BNG sobre as peaxes das autovías galegas.
- Moción do grupo municipal do BNG sobre a retirada do recurso contencioso administrativo ao Plan xeral de explotación marisqueira.
- Moción do grupo municipal do BNG sobre a nova tarifa eléctrica.
- Moción do grupo municipal de IC Boiro/ grupo mixto sobre o recoñecemento e mención aos policías locais D. Francisco Alcalde e D. Alberto Alonso.
- Moción do grupo municipal de IC Boiro/ grupo mixto sobre a instalación de cuberta no recinto deportivo de Vista Alegre.
- Moción do grupo municipal do BNG sobre mellora urbanística en Cimadevila.