Pleno extraordinario do 7 de febreiro de 2024 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro celebra o vindeiro mércores 7 de febreiro de 2024 un Pleno extraordinario para a aprobación dos proxectos e participación no POS da Deputación da Coruña.
A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro.
Orde do día da sesión:
- Aprobación, se procede, do ditame para participar no POS+2024 e aprobación de proxectos.
- Aprobación, se procede, do ditame para participar no POS+ adicional 1/2024 da Deputación provincial para o financiamento de gastos sociais extraordinarios.