Pleno ordinario do 18 de abril de 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o xoves día 18 ás 20.00 horas o Pleno ordianario correspondente ao mes de abril. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro. 

 

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación inicial do crédito extraordinario núm. 1/2024 financiado con cargo ao remanente líquido de tesourería.
  2. Aprobación do recoñecemento extraxudicial de créditos núm. 1/2024.
  3. Moción do grupo municipal do BNG para amosar o rexeitamento do Plano ao proxecto de construción dunha macrofactoría de pasta de celulosa ALTRI en Palas de Rei.
  4. Moción do grupo municipal do BNG para a recuperación do nome da rúa coñecida popularmente como “Carretera do muelle”.
  5. Moción do grupo municipal do PP sobre a normativa dos galiñeiros de autoconsumo.
  6. Moción do BNG de apoio ás Propostas da CIG na campaña STOP PRECARIEDADE, TRABALLO DIGNO.
|